2016/04/10

Montañeiros galegos x Nepal


Convidados polo clube de montañismo Peña Trevinca, o 24 de abril, ás seis e media da tarde, no Teatro Principal (rúa Nova 21), en Santiago de Compostela, participaremos na festa de remate da  Ascensión Solidaria ao Everest (ver programa de actividades). Esta campaña solidaria, organizada polos Montañeiros Galegos polo Nepal, ten como obxectivo recadar fondos para SOS Himalaya Fundación Iñaki Ochoa de Olza, cando se cumpre un ano do terremoto ocorrido no distrito de Lamjun ao noroeste de Katmandú