2016/11/22

O Orfeón no Culturgal

O domingo, 4 de decemebro, ás 12.45h estaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra, na Culturgal 2016, a feira das industrias culturais.
Unha magnifica oportunidade para acercarte a Boa Vila e coñecer o que se esta cocendo en Galicia no mundo editorial, teatral, musical, artístico ...

2016/04/10

Montañeiros galegos x Nepal


Convidados polo clube de montañismo Peña Trevinca, o 24 de abril, ás seis e media da tarde, no Teatro Principal (rúa Nova 21), en Santiago de Compostela, participaremos na festa de remate da  Ascensión Solidaria ao Everest (ver programa de actividades). Esta campaña solidaria, organizada polos Montañeiros Galegos polo Nepal, ten como obxectivo recadar fondos para SOS Himalaya Fundación Iñaki Ochoa de Olza, cando se cumpre un ano do terremoto ocorrido no distrito de Lamjun ao noroeste de Katmandú



2016/03/15

Presentación do primeiro traballo discográfico

Compartimos un vídeo da nosa participación, o pasado 11 de marzo, no programa Luar da CRTVG, no que presentamos o noso primeiro traballo discográfico


Orfeón Mariñeiro do Berbés: "Ribeirana"
Veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo, herdeiros do espíritu das cancións das tabernas do barrio mariñeiro. Así soa o Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Posted by LUAR (Páxina oficial) on Martes, 15 de Marzo de 2016

2016/02/24

Convidados por Cantares do Brión, compartiremos concerto no Auditorio do Centro Cultural de Vincios (Gondomar) o 19 de marzo, ás oito da tarde


2016/01/15

Disco CD Orfeón Mariñeiro do Berbés

Xa está a venta o primeiro CD do Orfeón. Pódese mercar, polo prez de 10 €, no local da AVC Casco Vello de Vigo, rúa Cánovas del Castillo 2, baixo